III Concurso de Tapas

A terceira edición deste encontro gastronómico celebrarase no municipio coruñés de Oroso durante dúas fines de semana consecutivas, o sábado 14 e domingo 15 e o sábado 21 e o domingo 22 de abril.

Os asistentes poderán degustar, de forma gratuíta os sábados desde as 12.00 ata as 15.00 horas e desde as 19.00 ata os 21.30 horas e os domingos desde as 12.00 ata as 15.00 horas, os produtos máis tradicionais innovadores da cociña galega nos 19 establecementos que participan no certame.

Unha vez que os participantes acudan aos establecementos hostaleiros recibirán un boleto de votación que deberán cubrir coas súas tapas favoritas, que lle permitirá participar nun sorteo dunha fin de semana nun balneario para dúas persoas.

Comentarios