Investigado un veciño de Laza por un incendio causado por unha imprudencia

O lume afectou a 68 hectáreas de monte raso e foi extinguido o 13 de setembro

A Garda Civil do municipio ourensán de Verín tomou declaración en calidade de investigado a un veciño de Laza, en Ourense, como presunto autor dun incendio forestal causado por neglixencia.

Segundo informou o Instituto Armado, a M.P.C., de 58 anos veciño de Laza, investígaselle como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia ocorrido o pasado día 11 de setembro na paraxe O Carballal, en Laza.

Este incendio afectou a 68 hectáreas de monte raso e foi extinguido o día 13 de setembro, segundo sinalaron as mesmas fontes. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instruccion Número 2 de Verín.

Comentarios