IX Festa do Marisco de Vigo

Na novena edición desta festa do marisco celebrada na cidade olívica, os visitantes poderán degustar case todo tipo de marisco que gusten: ameixas, bacallau, boi, camaróns, lagostinos, chocos, chipiróns, lagosta, lagostinos, lubrigante, navallas, vieira, zamburiñas, nécoras... e máis. Existe a posibilidade de elixir, con todo, unha parrillada de marisco, que incluíría moitos destes produtos. Os prezos por ración oscilan entre 3 e 20 euros. O prezo das mariscadas será de 38 euros a pequena e 48 pola grande.

Tamén se poderán comer racións de empanada de diferentes elaboracións a un prezo de 6 euros por ración (40 euros se se compra enteira), e pizzas, a 3,50 euros a ración (12 a pizza enteira), ademais doutras racións de peixe, sobremesas...

A festa durará de xoves a domingo, con varios actos e actividades en cada día, ben institucionais, ben tradicionais, cursos de pintura, música, etc... desde o pregón do xoves ás actuacións musicais do domingo.

Este ano tamén terá lugar a Exposición de Embarcacións Tracicionales do 9 ao 12 do mesmo mes, enmarcado no ámbito destas festas, a cargo da Asociación Remadoira de Vigo.

Comentarios