Jorge Suárez está disposto a subvencionar as confrarías da Semana Santa de Ferrol

O rexedor ten previsto achegar 35.000 euros á Semana Santa se a Xunta financia os 40.000 restantes

A Xunta de Galicia colabora coa Semana Santa a través dunha subvención de 40.000 euros vinculada á publicidade e promoción do evento polo que, para que este evento manteña o financiamento de 75.000 euros, o Concello de Ferrol debe complementar a contía con 35.000 euros. O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, anunciou este martes que así será. 

Sobre a xustificación das subvencións ás Confrarías, Suárez afirmou que están "perfectamente xustificadas nos últimos anos".

O rexedor defendeu que esa achega se destine de forma directa ás Confrarías. Jorge Suárez  entende que a Semana Santa se celebrará en marzo de 2016. 

 

Comentarios