A Asociación Galega de Maitres e Técnicos en Hostalería (AMAIGA) promove o I Encontro de Profesionais do Servizo

A directiva da asociación que preside José Vicente Gómez Branco programou unha xornada de traballo ao redor da cualificación profesional e a formación para os profesionais do servizo hostaleiro: camareiros, maitres, catadores, barmen e baristas, fundamentalmente, co obxectivo de sentar  as bases dun marco de traballo e colaboración para a mellora profesional e o recoñecemento social destes profesionais, que estarán acompañados nesta xornada polo presidente da federación nacional de profesionais do servizo (AMYCE), Carlos Orgaz.

A xornada inclúe unha clase maxistral de corte de xamón, impartida polo mestre cortador estremeño Nico Jiménez (Record World Guinness pola loncha máis longa do mundo), UNHA sesión de cata de Viños da Terra Barbanza – Íria e unha exhibición de coctelería.

Comentarios