Novo premio á campaña 'Vivamos como galegos' de Gadis

gadis_campaña_col1.jpg
photo_camera gadis_campaña_col1.jpg

A campaña 'Vivamos como galegos' de Supermercados Gadis recibiu un dos galardóns concedidos pola Asociación Española de Anunciantes nos Premios á Eficicacia da Publicidade 2009. En concreto, este anuncio conseguiu o Premio de Bronce á Eficacia na Comunicación Comercial nunha convocatoria á que concorreron máis de 140 marcas como Coca Cola, BBVA ou Telefónica.

Estes premios valoran os resultados obtidos por este anuncio en canto a notoriedade e recordo, conseguiu que un 72% das asociacións espontáneas xeradas relacionasen Gadis cunha cadea de supermercados galega. A campaña desenvolvida pola Axencia BAP&Conde converteuse na máis vista da historia da publicidade en Galicia, logrando tamén unha importante difusión noutros soportes. A web www.vivamoscomogalegos.com recibiu máis dun millón de visitas de 142 países.

O Premio Eficacia da Publicidade 2009 súmase ao AMPE de Prata concedido pola Asociación de Medios Publicitarios de España, así como ao Mestre Mateo outorgado pola Academia Galega de Audiovisual e a Asociación Galega de Editores.

Outro dos aspectos curiosos desta campaña é que deu lugar a que a Real Academia Galega recoñeza o termo greleiro/a tras utilizalo no anuncio. Gadisa, empresa á que pertence Supermercados Gadis, conta con máis de 700.000 clientes e suma 195 Gadis, 10 centros Haley, 12 CASH IFA e preto de 200 Claudio en Galicia e Castela e León.

Comentarios