A Deputación de Pontevedra premiará con 5.000 euros o deseño da marca de escumosos

A Deputación de Pontevedra premiará con 5.000 euros o deseño da marca para os viños escumosos da denominación de orixe Rías Baixas.

O ente provincial e o consello regulador convocaron un concurso de ideas a tal fin, aberto ao público, no que os interesados deberán presentar "unha proposta versátil con capacidade de adaptarse en diferentes formatos e espazos, pois deberá convivir con outros logos e marcas da DO.

O prazo de inscrición é dun mes e as propostas deben presentarse no rexistro da Deputación.

O xurado estará formado por técnicos do ente provincial e da Universidade de Vigo.

Comentarios