A empanada 'Kentes' opta a un premio á innovación en Alimentaria 2010

A empanada refrixerada 'Kentes' presentarase este ano en Innoval, dentro da feira Alimentaria 2010, optando a un dos doce premios que se conceden ás creacións máis novas da industria da alimentación e bebidas, segmentadas en doce categorías de produto. Innoval 2010 homenaxea con estes galardóns os traballos realizados na concepción, desenvolvemento e lanzamento ao mercado dos produtos máis innovadores.

Innoval ocupa unha parte moi destacada de Alimentaria 2010, o Salón Internacional de Alimentación e Bebidas máis importantes de España e un dos principais no ámbito internacional, onde se congregan as 4.000 empresas líderes na fabricación e distribución de alimentos e bebidas e que é visitada por máis de 130.000 compradores profesionais procedentes de 155 países.
   
Alimentaria, que alcanza a súa XVII edición, celébrase do 22 ao 26 de marzo no recinto Gran Vía de Fira de Barcelona e Ingapan estará presente en tres espazos, xa que a feira está divida en trece salóns temáticos, cada un especializado nunha familia de produto alimentario.

Neste magnífico escaparate, Ingapan presentará a nova imaxe de 'Kentes' nunha caseta no que se poderán degustar as empanadas, elaboradas con ingredientes naturais, respectando o sabor tradicional desta especialidade da gastronomía galega. De carne ou atún e con masas refrigeradas de pan, están a disposición do consumidor nas cadeas de alimentación. Serán protagonistas tamén as súas novas propostas de bocadillos, o de filete empanado, o de xamón york e queixo, o de lombo con aceite de oliva e a hamburguesa de pechuga de pito rebozado. Así mesmo, estarán presentes os seus outros 12 bocadillos, elaborados con distintos tipos de pan, e os 3 minibocatas da súa carta.

Novos produtos 'Chousa'
Por outra banda, os produtos da marca 'Chousa' situaranse na zona Congelexpo. Neste espazo, Ingapan dará a coñecer os novos produtos desta firma de calidade, orientada á hostalería. Así, poderán verse as dúas novas referencias de pan, unha chapata e un bolo de pan de millo de 40 gramos; as tres novas empanadillas, a calzone, a de hojaldre con doce de mazá e uns minisnacks tamén de hojaldre con recheo de xamón&queixo; e dous minipizzas, de boloñesa e de xamón&queixo.

Na especialidade de pastelería, estrean tamén ferros de brownie con destino a restauración, e as tortas cadradas selva negra e nata&fresa. Ademais, figuran no seu novo catálogo as tortas redondas primavera e mazá. Finalmente, en delicias contan cos novos sabores de tiramisú, limón, laranxa sanguina e selva negra.

Tamén estará presente no salón a marca 'Avoa', que mostrará os seus tradicionais produtos de pan, empanadas, pastelería e bollería co seu estilo máis tradicional; así como os seus dous novos sabores en triángulos e unha receita diferente para unha empanada de 500 gramos.

Comentarios