A empresa galega de marisco Pesciro obtén dúas certificacións de calidade

Pesciro, S.L., empresa galega dedicada á importación e exportación de peixe conxelado, así como á distribución de peixe e marisco fresco, obtivo os certificados de cumprimento dos requisitos das normas ISO 9001:2000 e 14001:2004, referidos aos sistemas de calidade e de xestión ambiental da organización, respectivamente. A firma certificadora Applus (LGAI Technological Center, S.A.) corroborou a implantación tutelada por QualityNova Consultores, resultado do esforzo de todo o persoal da empresa.

O sistema de calidade é un instrumento de xestión que integra procesos, define procedementos, e con el lógranse optimizar os recursos, minimizar riscos, reducir custos e obter a satisfacción do cliente. Coa obtención destes certificados, Pesciro, S.L. reitera o "compromiso de efectividade e bo servizo cos seus clientes".

A empresa, desde a súa creación no ano 2001, vén desempeñando un papel importante no sector da pesca, dando servizo á industria transformadora e ao mercado almacenista en España, na Unión Europea e en Países do Leste.

Marisquito.com

Desde o ano 2004, Pesciro iniciou unha nova actividade, Marisquito.com, dedicada á comercialización de peixe e marisco fresco de Galicia a través de Internet, habéndose convertido en moi pouco tempo nun referente na venda on-line de produtos alimenticios de calidade.

Comentarios