A flota da vieira pecha a campaña coa extracción de 70 toneladas

O sector da vieira pechou esta mañá a campaña coa extracción dun total de setenta toneladas do produto que supón un balance positivo, segundo apuntou Francisco Miser, portavoz da flota de Cambados.

Non volverán saír ao mar ata finais de ano, porque queda un stock que permite abastecer o mercado. O produto é desembarcado no porto de Cambados para a súa descarga e traslado á fabrica que o eviscera antes de saír ao mercado.

"Este ano saímos ao mar moi tarde, a mediados de decembro, por culpa da toxina, pero hai material suficiente como para atender a demanda que se produza", sinalou Miser.

Para o representante da flota, "foi unha boa campaña, aínda que nos gustou que se pagase un pouco mellor, pero tamén entendemos como está a economía"

A partir de mañá faranse traballos de intendencia como o traslado da vieira a unha zona onde poida liberar a toxina que impide a súa comercialización.

Comentarios