En maio comezarán as catas cegas para a primeira guía dixital de viños de Galicia

 O organizador da guia, Enmanuel Casais, explicou a GG que tras pedir publicamente a colaboraciòn de todas as adegas e produtores interesados en formar parte da guía, xa recibiu cen botellas de viños diferentes.
"Xa o consideramos un éxito pois en Galicia hai unhas 450 adegas amparadas en cinco denominacións de orixe, e ata un total de 650 adegas e produtores polo que creo que conseguiremos unha gran representación nos próximos meses", agregou.
Os responsables da cata serán un grupo reducido de especialistas, dos que se garda o anonimato, e que comezarán a mediados de maio a súa "cata a cegas" dos diferentes caldos xa recibidos, comezando polos do D.O. Rías Baixas, subzona Condado de Tea.
O proceso de recollida de mostras e cata permitirá completar a guía dentro dun ano e o seu organizador xa proxecta preparar unha gala de entrega de premios e estudar se é posible editala en papel.
O que está garantido, pois así o prevé Casais, é que a descarga da guía dixital será gratuíta.

Comentarios