A guía Wine Up destaca catro caldos de Vinigalicia

A empresa familiar chantadina Vinigalicia, con máis de 70 anos de experiencia no sector, continúa sumando éxitos. O último conseguido é a aparición de catro dos seus viños nunha coñecida e prestixiosa guía, á que se pode acceder a través de internet, chamada Wine Up.

Nela, figuran catas dun milleiro de viños de todas as denominacións de orixe españolas, levándose un Ribeiro que elabora esta firma de Chantada, co nome de Cumio, 90,54 puntos sobre un máximo de 100. Tamén aparecen reflectidos un albariño, Terra Mundi, con 89,38 puntos; e dous caldos amparados pola denominación de orixe Valdeorras. Trátase dun mencía, ao que lle outorgaron 87,31 puntos; e un gondello, cualificado con 89,54.

Vinigalicia, con Juan Méndez á cabeza do proxecto, apostou hai anos por diversificar a súa produción e elaborar viños en diferentes denominacións de orixe, abrindo adegas en Valdeorras, O Ribeiro, Rías Baixas, A Mancha, A Rioxa e Ribeira do Douro, ademais de por a exportación como unha importante vía de negocio.

A iniciativa está a dar os seus froitos, pois os galardóns e lso recoñecementos dá a calidade sucédense ano tras ano.

CALDOS

Este tamén é o caso dos caldos que a familia Méndez elabora baixo o selo Ribeira Sacra. A súa Vía Romana, tanto na variedade mencía como godello, tamén aparecen na guía Wine Up, con máis de 90 puntos de cualificación, o que lle valeu para, ademais, recibir o diploma ‘Gold WTasta Wine Up Club', tanto á excelencia polas súas calidades visuais, olfativas e gustativas como polo prezo de venda.

Comentarios