Lalín dedica o seu último 'Cocido no Camiño' ao Pout au Feu de Aquitania

O concelleiro de Turismo do concello pontevedrés de Lalín, Nicolás Varela, anunciou a presentación do último dos 'Cocidos no Camiño' que nesta ocasión trátase do 'Pot au feu' de Aquitania.

Segundo o edil, no acto estarán presentes, entre outras autoridades, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o xerente do Xacobeo 2010, Ignacio Santos, e o cónsul de Francia en Vigo, Jean-Baptiste Chassin.

Segundo explicou Varela, nesta presentación ''poderase degustar o máis particular dos cocidos do Camiño desta edición, pola súa condición de ser preparado exclusivamente con carne de vacún e non ir acompañado máis que de vexetais e sen embutidos''.

Así, o cociñeiro Daniel Pfister chegou ''para facer todos os preparativos para o cocido francés na tarde do xoves, e ao longo do venres, estivo a preparar, acompañado dunha axudante chegada tamén de Francia, a sobremesa a base de noces, un pastel típico do Perigord''.

Pfister explicou que a sopa ''tradicional do centro de Francia, chamada tarrin, afaise a acompañar de viño de Bordeus, a metade do vaso que se tomou para acompañar o comezo da comida, co que fai unha amálgama dun sabor particular''.

Comentarios