Lagostinos ao forno con leituga

O lagostino é un alimento moi apreciado e versátil, que se pode utilizar en ensaladas, pastas e outras receitas, como na paella.

Ingredientes

  • 24 lagostinos Pescanova.
  • Dous dentes de allo.
  • Un limón.
  • Unha leituga.
  • Media guindilla.
  • Oito rebandas de pan integral.
  • Brandy.
  • Aceite de oliva e perexil.

Elaboración

Fritir as rebandas de pan. A continuación, preparar unha salsa cos allos picados, a guindilla, o zume de limón e o aceite. Triturar coa batidora e engadir o perexil. Abrir os lagostinos pola metade, colocalos nunha fonte de forno coa casca cara abaixo e regar coa salsa preparada anteriormente. Enfornar os lagostinos a 220º C durante 5 minutos.

Para rematar, quentar nunha tixola o mollo que soltaron os lagostinos no forno, agregar o brandy e flambear. Para empratar débense colocar os lagostinos sobre a leituga e regar co mollo flambeado. Decorar con pans fritos.

Comentarios