Lagostinos

Ingredientes

  • Medio quilo de lagostinos de Pescanova.
  • 100 gramos de cilantro picado.
  • Dúas cebolas medianas.
  • Pementos verdes.
  • Aceite de oliva.
  • Sal.

Elaboración

Pelar os lagostinos de Pescanova deixándolles a cola. Cortar as cebolas e os pementos verdes en aros pequenos. A continuación, pór nunha fonte refractaria unha capa de cilantro, que se picou moi fino. Sobre esta capa, estender os aros de pementos e de cebola de xeito regular. Unha vez feito isto, engadir outra capa de lagostinos. Sazonar cun pouco de sal e comezar de novo a distribuír as capas no mesmo orde.

Para rematar, asperxer a superficie cun pouco de aceite de oliva e introducir o prato no forno, que haberá que quentar previamente e durante dez minutos a 170 graos centígrados. Unha vez pasado este tempo, o prato xa estará listo para servir, e é aconsellable facelo inmediatamente logo de sacalo do forno.

Comentarios