Larsa regala tarxetas moedeiro nos seus briks de leite

Tarjeta monedero de Larsa
photo_camera Tarjeta monedero de Larsa

A empresa láctea Larsa está a reforzar a súa comunicación cunha nova promoción, desenvolvida en colaboración con Caixa Galicia. A marca galega regala 500 tarxetas moedeiro, de 200 euros cada unha, baixo os tapóns do brik de leite.

Nun comunicado, a empresa define esta campaña como “unha mecánica sinxela de agasallo directo, desenvolvida en colaboración con Caixa Galicia”. Engade que “tras o éxito conseguido o pasado ano, cando Larsa se uniu con Citroën para regalar un coche cada mes, en 2008 aliouse cunha das entidades galegas de maior calado, Caixa Galicia”.

A promoción, en vigor desde xuño ata o 15 de setembro, está apoiada con comunicación en televisión e autobuses urbanos en Galicia a partir do mes de xuño, así como nos envases de leite e nos puntos de venda.

Produtos actuais

Larsa defínese como “unha marca que ofrece produtos actuais para os galegos de hoxe, elaborados coa calidade e a tradición de sempre e que contribúen a manter unha vida sa e equilibrada”. Asegura ademais que “durante o ano 2006 experimentou unha modernización no seu posicionamento como marca saudable de Galicia que se adapta aos novos estilos de vida dos galegos”.

Comentarios