As Rías Baixas xa teñen o seu primeiro espumoso rosado

A adega Novavila de Meis sacará á venda para estas festas 500 botellas de espumoso rosado, o primeiro na denominación de orixe Rías Baixas.

A venda de espumosos na denominación protexida pontevedresa empezaron en 2012 pero ata agora, sinala nun comunicado a adega Novavila de Meis -propiedade da familia Vilanova Pena-, todos foran brancos. Este viño en cuestión, que mostra unha similitude coa champaña ou o cava, está feito con mestura das variedades de uva espadeiro, caíño e sousón.

O xerente da adega, José Luís Vilanova, opina que a innovación conxuga neste caso a "chispeante frescura" dos espumosos atlánticos coa "untuosidad" dos tintos.

Comentarios