Liberada unha persoa tras unha colisión entre dous coches en Teo

A vítima levou un forte golpe na cabeza e non podía saír do vehículo

Unha persoa tivo que ser liberada do interior do seu coche logo de chocar contra outro turismo en Teo, segundo informou o 112.

Foi a propia persoa accidentada quen alertou ao 112 Galicia pasados uns minutos das 14.00 horas deste luns. Indicou que acababa de ter un accidente nas proximidades do colexio dos Tilos e que non lle abrían as portas do vehículo. Engadiu ao seu relato que levara un forte golpe na cabeza.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil, aos efectivos do GES da Estrada e aos Bombeiros de Ordes e de Santiago.

Unha vez no lugar do sinistro, os voluntarios de Protección Civil de Teo liberaron á persoa, que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.

Comentarios