Lixeiro

O zumaque (sumak en turco) é unha planta de cor avermellada que se utiliza como especia na cociña de Oriente Medio. Ten un sabor acedo moi similar ao do limón. É ideal para aderezar as ensaladas, entremeses e os típicos kebabs turcos.

Ingredientes

  • 400 gramos de peixe (rape, pescada, cabracho...).
  • Un pemento vermello.
  • Un pemento verde.
  • Un tomate.
  • Unha cebola.
  • Unha lata de wakame.
  • Unha lata de espaguetis de mar.
  • Un ovo cocido.
  • 100 ml. de aceite de oliva.
  • Dúas culleradas de sumak.
  • Perexil.

Elaboración

Cócese o peixe e córtase en anacos pequenos. A continuación, faise un picado coas verduras e as algas, xunto co ovo, engádeselle o sumak e aspérxese todo co aceite de oliva. Para rematar, espoldréase con perexil.

Comentarios