Lombos de rodaballo con champiñones

Ingredientes

  • Un rodaballo de Pescanova dun quilo.
  • 300 gramos de champiñóns.
  • Tres patacas.
  • Unha cebolleta.
  • Dous dentes de allo.
  • 1/2 medio vaso de viño branco.
  • Aceite de oliva, sal, perexil e pan rallado.

Elaboración
Pelar as patacas e cortar en toros. Picar os dentes de allo, preparar a cebolleta en xuliana fina e pochar todo nunha tixola. A continuación, limpar os champiñóns e cortar en cuartos, agregar á tixola coa verdura, pochar e reservar. Salpimentar o rodaballo de Pescanova e dourar nunha tixola cun pouco de aceite. Despois pícanse os dentes de allo e o perexil, mestúranse co pan rallado e resérvanse.

As patacas colócanse nunha placa de forno, enriba os lombos de rodaballo e os champiñóns. Para rematar, refógase con viño e espolvoréase coa mestura do pan rallado. Gratinar cinco minutos e servir.

Comentarios