Os alumnos do Centro Superior de Hostalería, de prácticas en 12 países

Alumnos del CSHG en plenas prácticas (Foto: Turgalicia)
photo_camera Alumnos del CSHG en plenas prácticas (Foto: Turgalicia)

Un total de 352 alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), dependente de Turgalicia, fan prácticas de verán en establecementos hostaleiros de España e o estranxeiro (Dubai, México, República Dominicana, Holanda, Alemaña, Reino Unido, Bélxica, Francia, Luxemburgo, Malta e República Checa).

A estancia nestas empresas é unha parte importante da formación do CSHG e incorpórase ao expediente académico de cada alumno.

O obxectivo principal é que os estudantes coñezan en profundidade os máis importantes departamentos da hostalería (Servizos, Cociña e Aloxamento) e a xestión de hoteis; perciban a realidade do sector e poñan en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso para adaptalos á realidade hostaleira.

O plan de estudos do CSHG estipula a obrigatoriedade das prácticas todos os anos.

Comentarios