Os premios Tenedor de Ouro celebran a súa novena edición

Os premios Tenedor de Ouro celebran a súa novena edición para premiar aos mellores locais hostaleiros de Galicia. 50 establecementos de todo o territorio galego participan dentro das seguintes categorías: cociña tradicional, cociña internacional, parrillada/ asador, novas tendencias, marisquería, mesón rural ou hotel restaurante/banquetes.

Estes premios naceron co obxectivo de promocionar e dar a coñecer os establecementos de hostalería galega dentro e fóra da comunidade autónoma. Ademais, preténdese promover o coñecemento do sector hostaleiro, en xeral, e da gastronomía, en particular, así como potenciar a modernización e posta en valor do patrimonio culinario galego. O certame é o único galardón que, mediante unha votación popular premia a calidade dos restaurantes de Galicia.

As votacións alongaranse ata o 16 de novembro. A cualificación para os establecementos oscila entre 0 e 5. Valórase o servizo, o propio establecemento e a carta ofrecida.

Comentarios