Máis nubes que claros nun xoves chuvioso no norte

As temperaturas mínimas experimentarán un leve ascenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente
Previsión para este xoves. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este xoves. METEOGALICIA

O unha fronte pouco activa entrará polo noroeste de Galicia co avance do día. Así, durante a mañá os ceos estarán pouco nubrados en xeral, con bancos de néboa no interior e nubes baixas na provincia da Coruña. Pola tarde aumentarán as nubes e rexistraranse algúns orballos no terzo norte da comunidade.

As temperaturas mínimas experimentarán un leve ascenso mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento comezará o día do suroeste, virando a norte co avance da xornada e quedará do nordés á noite.

Estas son as temperaturas previstas nas principais cidades: A Coruña 7°/15°; Ferrol 7°/14°; Lugo 1°/12°; Ourense 5°/15°; Pontevedra 5°/16°; Santiago 3°/12°; Vigo 6°/16°.

Comentarios