Marisco

Ingredientes

  • 500 gramos de colas de lagostinos de Pescanova.
  • 500 ml. de nata líquida.
  • 250 dl. de tomate frito.
  • Catro ovos.
  • Dous dentes de allo.
  • Unha cebola.
  • Dúas cenorias.
  • Un vasiño de aceite, sal e pementa.

Elaboración

Nunha cacerola hai que rehogar os allos, a cebola e a cenoria, todo picado ben fino. Logo engádeselle o tomate. A continuación agréganse as colas dos lagostinos, déixanse cocer durante uns catro minutos e incorpóranse a nata e os ovos, salpementándoo coa mestura. Déixase cocer durante dous minutos antes de pasalo todo por unha turmix ou unha trituradora.

O paso seguinte é verter a mestura resultante nun molde e levala ao forno, a baño maría, durante 30 minutos a uns 200 graos.

Este prato sérvese frío e preferentemente acompañado dun pan de molde tostado para untar.

Comentarios