Martes de ceos completamente despexados

As altas presións continuarán estacionarias ao noroeste de Galicia este martes, achegando estabilidade. Así, espérase unha nova xornada de ceo pouco nubrado ou despexado en toda a Comunidade. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán do nordés, con refachos fortes na Costa da Morte e réxime de brisas nas Rías Baixas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das máximas. 

Por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 29 graos de Ourense e os 22 de Santiago e Ferrol, mentres que as mínimas estarán entre os 9 graos de Lugo e os 16 de Vigo. 

Comentarios