martes. 15.06.2021 |
El tiempo
martes. 15.06.2021
El tiempo

Martes de ceos pouco nubrados ou despexados en Galicia

Mapa coa previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia

Galicia manterase este martes baixo a influencia das altas presións, que seguen afastando as frontes que se desprazan polo Atlántico. Así se espera unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, coa entrada de nubes medias e altas co avance do día. 

Segundo a información de Meteogalicia, que depende da Consellería de Medio Ambiente, haberá bancos de néboa matinais localmente persistentes en puntos do interior. 

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente con formación de xeadas e as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente norte. 

Martes de ceos pouco nubrados ou despexados en Galicia
comentarios