lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Martes pasado por auga en toda Galicia

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa con la previsión de Meteogalicia
As choivas xeneralizaranse pola tarde e continuarán durante a noite

Este martes Galicia empeza a quedar baixo a influencia dunha borrasca centrada no Mar do Norte. Así, espérase ceo con intervalos nubrados e choivas intermitentes, que empezarán polo oeste pero que se irán estendendo a toda Galicia cara á noite. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo, de compoñente oeste en xeral. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso e as máximas seguirán sen cambios. Deste xeito, nas principais urbes galegas os termómetros alcanzarán os 26 graos en Ourense, os 25 en Pontevedra e os 23 en Lugo, Santiago, Ferrol e Vigo.

En canto aos valores mínimos descenderán ata os 12 graos na cidade das Burgas, mentres que na capital lucense, A Coruña ou a cidade olívica non baixarán de 15. 

Martes pasado por auga en toda Galicia
comentarios