Medio Rural organiza unha cata con 21 tipos de mel e 56 queixos en Compostela

Un total de 21 tipos de mel e 56 de queixos participan este ano nas catas oficiais nas que interveñen entre sete e doce expertos que os valorarán e que organiza a Consellería de Medio Rural en Compostela.

Os meles, pertencentes a 16 industrias envasadoras da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, e os queixos, das Denominacións de Orixe Protexidas Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, participan hoxe e mañá nas catas no Centro Integrado de Formación Profesional, en Lamas de Abade.

Nesta cita celébranse a X Cata de Meles de Galicia e a XIV Cata de Queixos de Galicia, para as que se recolleron mostras entre os pasados 10 e 15 de novembro, explica a Consellería nun comunicado.

Comentarios