miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Mércores de sol e choivas en Galicia

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa coa previsión de Meteogalicia
O litoral galego estará en alerta por fortes ventos e ondada

Unha fronte atravesará Galicia durante a segunda metade deste mércores, deixando o ceo moi nubrado na franxa atlántica e con máis claros nas provincias de Lugo e Ourense. As precipitacións comezarán polo noroeste de Galicia e iranse estendendo ao resto do territorio ao final da xornada. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará de compoñente sur, forte no litoral atlántico e zonas altas e moderados no resto. A comarca da Mariña estará en alerta amarela ata as 15.00 horas pola previsión de fortes refachos de ata 80 quilómetros por hora. O mesmo nivel de aviso aplícase ao litoral de Pontevedra e as Rías Baixas, onde se esperan ondas de ata cinco metros de altura.

Pola súa banda, as temperaturas non terán cambios significativos, pero con moderados ascensos das mínimas. Deste xeito, nas grandes urbes galegas as máximas subirán ata os 20 graos en Ourense, ata os 19 en Pontevedra, Ferrol e A Coruña, ata os 18º en Vigo, os 17º en Lugo e os 15 º en Compostela. En canto aos valores mínimos, os máis baixos rexistraraos a capital lucenses —sete graos—, mentres que na Boa Vila non baixarán de dez e na cidade olívica, de doce.

Mércores de sol e choivas en Galicia
comentarios