sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

Mércores con tempo seco e estable en Galicia

Mapa coa predición de Meteogalicia
Mapa coa predición de Meteogalicia

Galicia continuará este mércores baixo a influencia das altas presións situadas ao oeste de Irlanda, que seguirán deixando un tempo seco e estable. Deste xeito, segundo a información facilitada por  Meteogalicia, os ceos estarán despexados en xeral, aínda que poderá haber algún intervalo de nubes de tipo alto. 

O vento soprará frouxo do nordeste, que será máis intenso entre Ribadeo e Fisterra. Nas Rías Baixas chegará en forma de brisas. 

En canto ás temperaturas, as máximas permanecerán sen cambios, aínda que as mínimas poderán experimentar un lixeiro ascenso. Así, os termómetros alcanzarán os 32 graos en Ourense, os 30 en Vigo e os 29 en Pontevedra, mentres que en Lugo non está previsto que se superen os 25 graos. En canto aos valores máis baixos, na capital lucense espéranse dez graos de mínima, fronte aos 18 da Boa Vila. 

Mércores con tempo seco e estable en Galicia
comentarios