Moi fresca

Un dos pratos máis solicitados en toda Europa son as ensaladas de froitas, cuxa variedade depende do gusto de cada un. Iso si, hai que saber combinalas á perfección para que os sabores sexan agradables ao padal.

Ingredientes

  • Tomates cherry.
  • Tres endivias.
  • 300 gramos de arroz.
  • Tres plátanos.
  • Dous mangos.
  • Dous aguacates.
  • Catro rodajas de piña en almíbar.
  • Dúas ramas de apio.
  • Salsa de iogur (maionesa, iogur, nata e unhas pingas de limón).

Elaboración

Colócase nunha cunca grande o arroz previamente cocido. A continuación córtase o plátano en rodajas; o mango, a piña, as endibias e o apio, en dados, e mestúrase todo co arroz. Para rematar engádese a salsa de iogur. Para empratalo colócase a ensalada en pratos individuais e decórase con tiras de aguacate e toriños de tomates cherry.

Comentarios