Moi fresco

Ingredientes

  • Un quilo de salmón de Pescanova cortado en dous filetes. Preferentemente úsase a zona do cocote, máis zumenta.
  • 500 gramos de sal gordo.
  • 500 gramos de azucre.
  • Aneto.
  • Dous feixes de espárragos.

Elaboración

Limpar os filetes eliminando os seus partes máis graxas e retirar as espiñas, conservando a pel. Un dos anacos de peixe espolvoréase con aneto, para darlle aroma a bosque. O mariñado prepárase con sal e azucre, pondo parte da mestura nunha fonte. Sobre ela colócanse os lombos de salmón deitados sobre a súa pel e tápanse co resto do mariñado, ata que estean completamente cubertos. Con papel ‘filme' péchase a fonte, colocando un peso enriba, e gárdase na neveira durante 36-48 horas. Transcorrido ese tempo, pásase o peixe por auga da billa e sécase con papel de cociña.

Os espárragos férvense en auga con sal 15 minutos, coas puntas fóra do líquido. O prato sérvese frío, acompañado de mahonesa ou algunha outra salsa derivada.

Comentarios