Notable descenso das temperaturas nun martes seco en Galicia

Mapa coa previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Este martes Galicia quedará na influencia das altas presións, con vento do norte, polo que se espera unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados na metade sur e con intervalos de nubes baixas na metade norte, coa posibilidade no norte da provincia de Lugo dalgunha choiva illada e ocasional. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral. 

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un notable descenso. Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán até os 17 graos en Vigo, os 186 en Pontevedra e Ourense e os 13 en Lugo ou Compostela. Pola súa banda, os valores mínimos descenderán até os cinco graos na capital lucense e na cidade das Burgas.

Comentarios