sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Nova xornada de nubes e claros en Galicia

Previsión para este mércores. METEOGALICIA
Previsión para este mércores. METEOGALICIA

Este mércores espéranse en Galicia ceos máis nubrados pola mañá, con néboas en zonas de interior. Pola tarde iranse abrindo claros. Nas zonas altas do interior crecerán nubes de evolución que incluso darán lugar a chuvascos tormentosos.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso.

Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico.

Estas son as temperaturas extremas previstas nas principais cidades:

A Coruña 10°/16°; Ferrol 11°/19°; Lugo 10°/23°; Ourense 8°/26°; Pontevedra 9°/23°; Santiago de Compostela 11°/21°; Vigo 9°/21°

Nova xornada de nubes e claros en Galicia
comentarios