Unha nova xornada de sol e calor

Para o martes, en Galicia as altas presións estarán centradas nas Illas Británicas con circulación do nordeste, co que se esperan ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que con ventos fortes na costa cara a Fisterra. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que avanza que as temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán do nordeste en xeral, frouxos no interior, moderados no litoral norte e con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. 

Entre as principais cidades galegas, as temperaturas máximas alcanzaranse en Ourense e Pontevedra, con 32 graos, aínda que non superarán os 23 en Ferrol. En canto ás mínimas, oscilarán entre os 11 graos de Lugo e os 19 de Vigo. 

Comentarios