Nubes e choivas febles este martes en Galicia

Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Durante este martes as altas presións iranse achegando a Galicia e o vento do suroeste traerá moita humidade. Xa que logo, o ceo estará cuberto en xeral por nubes, que deixarán precipitacións febles, máis probables na franxa atlántica, pero que ocasionalmente poderían afectar a outros puntos da comunidade galega. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do suroeste. Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso.

Deste xeito, nas grandes urbes galegas as máximas subirán ata os 17 graos en Ourense e os 14 en Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ferrol, mentres que en Lugo e Santiago non se superarán os 13 graos. En canto aos valores mínimos, os termómetros descenderán ata os oito graos na capital lucense, mentres que na Boa Vila ou a cidade olívica non baixarán de 12 graos. 

Comentarios