Nubes e claros este sábado en Galicia

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso

O sábado Galicia continuará con ventos de compoñente sur que traerán unha fronte pouco activa. Así, agárdase unha xornada cos ceos con nubes e claros no leste, e máis nubrados canto máis ao oeste, con chuvias febles na franxa atlántica. Pola noite, as chuvias estenderanse a gran parte do territorio.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará moderado de compoñente sur, forte no litoral.

meteogalicia

Comentarios