As nubes quedan este domingo en Galicia

METEOGALICIA
photo_camera METEOGALICIA

Galicia afronta este domingo baixo a influencia dunha borrasca situada ao norte, polo que predominarán  os ceos cubertos con chuvascos probables en calquera punto da comunidade. 

A información de Meteogalicia apunta a que as temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente e só alcanzarán os 20 graos en Ourense. En canto aos ventos, soprarán moderados do suroeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña       15°     19°    
Ferrol             14°     19°    
Lugo              11°     18°
Ourense        13°     20°    
Pontevedra  14°     17°    
Santiago      13°     16°
Vigo              15°     17°