11 restaurantes cacereños mostrarán a súa gastronomía na Coruña

Once restaurantes da provincia de Cáceres mostrarán o próximo día 10 na Coruña as excelencias da gastronomía estremeña con motivo do XX Festival Gastronómico da Deputación de Cáceres, que se traslada este ano á cidade galega.

Dos once restaurantes cinco nunca participaran no festival anteriormente, o que ''supón un impulso empresarial para eses restaurantes novos, que innovan e apostan pola calidade dos nosos produtos'', segundo declarou a deputada de Turismo e Mocidade, Esther Gutiérrez, durante a presentación do certame.

A cita anual, organizada pola Deputación de Cáceres e a Asociación de Cociñeiros e Reposteiros de Estremadura, tamén contou coa participación do presidente de honra da Asociación de Cociñeiros, Eustaquio Becedas, e un dos restauradores participantes no certame, Pablo Vicente Rivero.

A deputada destacou a importancia deste festival ''consolidado'', xa que o sector da gastronomía ''contribúe moito ao desenvolvemento da economía da provincia de Cáceres''. Así mesmo, subliñou que se elixiu Galicia pola súa ''alta calidade gastronómica'' e porque os produtos estremeños de D.O. ''tiveron sempre unha ampla aceptación na Feira Gastronómica de Vigo, á que Deputación asistiu varias veces.

Desta forma, o festival gastronómico ofrecerá aos comensais invitados, ao redor de 150, principalmente axencias e profesionais do sector de turismo en Galicia, un bufé no que cada establecemento incluirá tres pratos.

Comentarios