A ondada e as choivas marcan un mércores co litoral galego en alerta

 O aire frío irase abrindo paso co avance da xornada
Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

O litoral galego estará este mércores en alerta por ondas de ata sete metros nunha xornada na que o aire frío irase abrindo paso co avance da xornada. O ceo alternará nubes e claros, con chuvascos máis probables e abundantes a partir do mediodía. En concreto, Meteogalicia decreta na Mariña e a Costa da Morte o nivel amarelo de risco entre as tres e as seis da tarde por ondada e elévao a laranxa a partir desa hora e ata o final do día. Nas Rías Baixas o aviso, tamén amarelo, estará vixente a partir das 21.00 horas.

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios significativos en Galicia mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Deste xeito, nas grandes cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 13 graos en Vigo, os 12 en Pontevedra e os dez en Lugo. En canto a valores mínimos descenderán ata os tres graos na capital lucense e non baixarán de catro na Boa Vila, Ourense ou Compostela.

A semana estará marcada polo paso de borrascas, algunhas delas moi profundas, que deixarán precipitacións e fortes ventos. O venres, as choivas concentraranse en Galicia. De face ao fin de semana, "non choverá tanto e o ambiente será tépedo". 

Comentarios