Os ceos amencerán nubrados este sábado en Galicia

As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas
Nubes este jueves en el cielo de A Coruña. EFE
photo_camera Nubes. EFE / ARCHIVO

O sábado Galicia queda nunha zona de transición entre as altas presións situadas ao norte das Illas Británicas e as borrascas atlánticas.

Así, agárdase unha xornada que comezará cos ceos moi nubrados, retirándose progresivamente as nubes co avance da xornada; pola tarde formaranse nubes de evolución no interior, que poderán deixar algunha treboada illada. Néboas costeiras no litoral atlántico.

As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas. O vento soprará frouxo de dirección variable, agás no extremo norte onde continuará o nordés.

mapa

Comentarios