Outubro arrinca con ceos cubertos e probabilidade de choiva en Galicia

No sur de Lugo espérase unha xornada seca
Previsión para este venres. METEOGALICIA
photo_camera Previsión para este venres. METEOGALICIA

Este venres Galicia quedará nunha zona de transición entre as altas e baixas presións, con réxime de vento do suroeste. Así, o ceo estará parcialmente cuberto, con posibilidade dalgunha choiva intermitente ao longo do día, con menos nubes na provincia de Ourense e sur de Lugo, onde se espera unha xornada seca. 

Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do suroeste, con intervalos de moderado no litoral norte. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas terán un lixeiro descenso. 

Deste xeito, nas cidades galegas as temperaturas máximas subirán ata os 25 graos en Ourense e os valores mínimos descenderán ata os 11 graos en Lugo. 

A Coruña 14°/ 21°; Ferrol 12°/ 21°; Lugo 11°/21°; Ourense 13°/25°; Pontevedra 13°/21°; Santiago de Compostela 12°/18°; Vigo 13°/21°

Comentarios