Paco & Lola, o licor máis elegante

Cun deseño minimalista e moi orixinal este licor cun toque doce é perfecto para tomalo só ben frío ou acompañado de deliciosas sobremesas de chocolate.

O licor do que se pon á 3.000 exclusivas botellas está elaborado con bagazo de uva albariña e frambuesas naturais, maceradas durante tres meses. Como resultado mostra unha espectacular cor vermella violeta, moi intenso e brillante. A perfecta acidez, equilibrio e o xusto punto de azucre de Paco & Lola convérteno nunha marabillosa tentación de sabor tan intenso a froita fresca que chegas a esquecer que en realidade se trata dun bagazo.

A todo isto hai que engadir o deseño rompedor e moderno tanto da botella como da caixa, que o presenta case como un perfume ou unha xoia de alta costura, converténdoo no licor máis elegante e suxestivo do panorama.

Para gozar plenamente do seu sabor é imprescindible tomalo ben frío e cunha boa compañía, non cho quedes para ti só/soa

Comentarios