O Parlamento mostra a súa repulsa ao crime machista do Porriño

Os deputados gardaron un minuto de silencio ao comezo do pleno

Minuto de silencio en O Hórreo. PARLAMENTO DE GALICIA
photo_camera Minuto de silencio no Hórreo. PARLAMENTO DE GALICIA

O Parlamento de Galicia comezou este martes a súa sesión plenaria cun minuto de silencio en memoria da muller que este luns foi atopada morta na localidade pontevedresa do Porriño, nun caso que está a ser investigado como un posible crime machista.

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, trasladou a súa "condolencia sincera para toda a familia" e indicou que dito minuto de silencio serve para mostrar a "repulsa" do Lexislativo galego cara a este tipo de sucesos.

Os corpos sen vida do matrimonio formado por Tomás R.I., de 56 anos, e de María Magdalena M.A., de 47 anos, foron descubertos con feridas de arma de fogo xunto a unha escopeta no garaxe da súa vivenda no lugar das Filgueiras, na parroquia de Chenlo.