'Paseo do atún', de Amalia del Álamo, gaña o V Certame de pintura de Anfaco

La obra ganadora (Foto: Anfaco)
photo_camera La obra ganadora (Foto: Anfaco)

ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos) en colaboración co FROM  e con fondos da UE celebraron a final da quinta edición do Certame de Pintura “O Mar e os seus Produtos”, proclamando gañadora do primeiro premio, 3.000 euros, á obra “PASEO DO ATÚN” da artista Amalia del Álamo Gómez, de Madrid, quen recibiu o premio de mans de Juan Manuel Vieites, Secretario Xeral de ANFACO.

O xurado, reunido na Casa de Galicia de Madrid, outorgou a segunda posición, premiada con 1.500 euros, a Yasushi Tsubata, de Xapón, pola súa obra “O Mercadillo de Peixe en Istambul” e o terceiro posto para Vanesa Amutio Bragado, de Santander, polo seu cadro “O Cerco” coa dotación de 1.000 euros en metálico e sete mencións especiais dotadas con 500 €. As dez obras forman parte xa do Museo ANFACO e quedarán expostas na Casa de Galicia de Madrid (C/ Casado do Alisal, 8) ata o próximo 27 de xuño.

O Xurado estivo composto por:
- D. Eric Aman (Presidente), Membro da Academia Internacional de Arte Moderno de Roma.
- D. Juan Manuel Vieites, Secretario Xeral ANFACO
- Dna. Mª Isabel Hernández, Secretaria Xeral FROM
- Dna. Sofía Rodríguez, Subdirectora Museo Nacional de Artes Decorativas
- Dna. Begoña Torres, Directora Museo de Arte Romántico
- D. Miguel do Val Inclán, Xefe de Biblioteca e Documentación do Museo Nacional Raíña Sofía.
- D. Ramón Jiménez, Coordinador de actividades da Casa de Galicia en Madrid.

O Certame enmárcase dentro das actividades da campaña de promoción de Conservas de Peixes e Mariscos que a propia ANFACO realiza en colaboración co FROM e que é cofinanciada a través de fondos da Unión Europea.

Comentarios