Pataca de Galicia, máis e mellor

F:GALGASFOTOSGALICIA GASTRONOMICANOVASNOVAS 08PATACA GALICIAINTERIOR_pataca_galicia_logo.jpg
photo_camera F:GALGASFOTOSGALICIA GASTRONOMICANOVASNOVAS 08PATACA GALICIAINTERIOR_pataca_galicia_logo.jpg

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia calcula en máis de un millón o aumento do volume de produción con respecto ao ano anterior.

Os avances introducidos no proceso de almacenaxe dos tubérculos permitiron un aumento na duración da tempada, que conseguiu por vez primeira a permanencia de Pataca de Galicia no mercado durante todo o ano.

A pasada campaña 2007/2008 de comercialización baixo  IXP Pataca de Galicia supuxo un incremento do 15% con respecto ao pasado ano, cando xa se conseguiu un aumento na distribución, incidindo deste xeito no bo momento que vive este produto galego de calidade, segundo informa a Consellería do Medio Rural da Xunta.

O volume de produción nesta campaña foi de 7.200.000 quilogramos de tubérculos en Galicia, un millón máis que no ano anterior, a pesar do estancamento que sufriu a comercialización deste produto no ámbito estatal e internacional.

Redución da estacionalidade
A pataca amparada baixo esta Indicación Xeográfica Protexida pode presumir de vivir un bo momento, xa que ademais de posuír cifras de produción que aumentan cada tempada, o excelente almacenamento dos tubérculos no último ano conseguiu incrementar en dous meses a súa permanencia no mercado, co que amplía a duración da tempada que posibilita que o produto poida adquirirse durante todo o ano, coa redución da súa estacionalidade, ao proporcionar un abastecemento continuado nos puntos de venda.

Comentarios