Peixe azul

Como todos os peixes, o salmón contén moi poucos lípidos, a pesar de pertencer á categoría dos peixes denominados semigrasos ou azuis. É un dos máis fáciles de dixerir.

Ingredientes

  • Catro filetes de salmón Pescanova.
  • Unha presada de améndoas e piñóns.
  • 300 gramos de brócoli.
  • Unhas follas de escarola.
  • Unha cucharada de aceite de oliva.
  • Sal.
  • Pementa.

Elaboración
Lavar a escarola e os ramalletes de brócoli e pór a cocer este último nun cazo con auga e un chisco de sal. Manter ao lume durante uns minutos, ata que quede brando, pero non desfeito. Escurrir e reservar aparte. A continuación, pór nunha tixola o aceite e fritir as améndoas e os piñóns naturais ata que estean dourados. Reservar.

Cando os filetes de salmón de Pescanova estean no seu punto, colocaranse nun prato e bótaselles por encima o mollo desprendido, así como as améndoas e os piñones. Finalmente, adornar co brócoli e a escarola.

Comentarios