Peixe azul

O tipo de graxa predominante neste peixe é útil na prevención e o tratamento de problemas de saúde do sistema circulatorio.

Ingredientes

  • 250 gramos de salmón afumado.
  • 400 gramos de salmón conxelado de Pescanova.
  • Unha ceboleta grande.
  • O zume dun limón.
  • Catro cucharadas de maionesa.
  • Brotes de soia.
  • Aceite, ceboliño e perexil.

Elaboración

Pícase o salmón de Pescanova o máis fino posible e mestúrase nun cuenco coa ceboleta, o perexil, os ceboliños, a maionesa, o aceite e o zume de limón. A continuación, sazónase ao gusto e déixase repousar no frigorífico durante unha hora. Transcorrido ese tempo, esténdense as lonchas de salmón afumado e énchense co preparado anterior, formando rolos.

Nunha tixola, saltéanse os brotes de soia cun chorriño de aceite. Para rematar, colócanse os rolos nun prato, acompañándoos de brotes de soia.

Comentarios