Peixe azul

A anchoa, boquerón ou bocarte —son a mesma especie— chega en abril aos portos. Este pequeno peixe —de cando en cando pasa dos quince centímetros de lonxitude— é un dos peixes azuis máis apreciados e consumidos debido ao seu exquisito sabor, a súa textura agradable e unha excelente relación calidade-prezo. Pode prepararse de diferentes xeitos e, ademais de apetitoso, é moi saudable.

Ingredientes

  • Oito bocartes grandes fileteados.
  • Dous ovos.
  • Unha lata de espaguetis de mar.
  • Unha oblea de arroz.
  • 250 gramos de espinacas.
  • Un chile vermello.
  • Allo.
  • Aceite.
  • Sal.

Elaboración

Primeiro frítense os filetes de bocarte e engádenselle os ovos e as algas. Faise a tortilla e envólvese nunha oblea de arroz. A continuación, córtase a modo de sushi. Aparte, saltéanse as espinacas co allo e o chile. Para rematar, móntase o prato coa tortilla e as espinacas por encima.

Comentarios