'Please, one octopus to the party'

La gastronomía es uno de los principales atractivos de Galicia para los turistas (Foto: AGN)
photo_camera La gastronomía es uno de los principales atractivos de Galicia para los turistas (Foto: AGN)

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) acolleu esta tarde a presentación do primeiro dicionario de gastronomía, nun acto presidido polo director xeral de Turismo, Rubén Lois, ao que asistiu tamén o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia, Juan Silva. Trátase dunha guía editada en sete idiomas na que se fai un percorrido polos pratos máis populares e tradicionais da comunidade autónoma e os produtos máis destacados e as zonas de onde proveñen.

Rubén Lois indicou que nun mundo globalizado como o actual "cada vez ten máis interese ou local e identitario" e que crece o número de turistas que valora especialmente os produtos identificados cun lugar e unha estación concretas. Por iso, adiantou que existe a intención de ampliar o dicionario e convertelo nunha "gran guía".

Pola súa banda, o presidente dos hostaleiros galegos sinalou que se trata "dun traballo para facilitar a comunicación" aos visitantes e que axudará a mellorar a competitividade.
Con este obxectivo foron editados dez mil exemplares da publicación, que serán distribuídos polos establecementos de restauración situados no Camiño Francés e nos albergues da Ruta Xacobea.

Ademais, nos restaurantes e casas de comidas estableceranse uns soportes para pór as guías a disposición do público e, ao mesmo tempo, responsables da empresa editora repartirán exemplares da guía e explicarán o contido da mesma a todos aqueles que estean interesados en profundar na gastronomía de Galicia.

A idea que pretende transmitirse ao visitante é a dunha gastronomía atlántica rica en peixes, mariscos e cunhas carnes, verduras, viños, meles e queixos de recoñecido prestixio.

Infórmaselles ademais de que existen unha serie de controis rigorosos que garanten a calidade deses produtos, apoiados con 18 selos de calidade que os distinguen pola súa orixe e sabor.

Na guía faise referencia á agricultura ecolóxica e explícase que os produtos distinguidos con esta marca están elaborados naturalmente e que respectan o medio.

Frases en sete idiomas

Da mesma forma, inclúense frases útiles en sete idiomas (galego, castelán, francés, inglés, alemán, italiano e portugués) para que os clientes se desenvolvan sen problemas nos establecementos de restauración e poidan advertir aos restauradores que son alérxicos, celíacos ou vexetarianos.

Así mesmo, na guía aparecen explicacións sobre os produtos e pratos típicos relativas aos ingredientes que conteñen ou á zona concreta do país onde se producen ou se venden.

O libro ofrece enlaces a páxinas web sobre turismo, gastronomía, recetarios e viños.

O Pequeno Dicionario de Gastronomía Galega editouno a Consellería de Innovación e Industria a través da dirección Xeral de Turismo, do Xacobeo e de Turgalicia, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Galicia.

Ao acto de presentación acudiron tamén o director do Cehosga, José Paz, e o xerente de Turgalicia, Jesús Pereira.

Comentarios